sábado, 15 de marzo de 2008

...

Moito sen actualizar...si, realmente moito, non vou seguir contando historias polos recordos que me traen redactar calquera cousa agora. Cada vez que collo unha pluma algun recordo ven a miña mente, ti ves a miña mente, calquera cousa que faga creativamente, recordame a ti.


Intentto evitalo, pero sempre volves a miña cabeza e parece que so o fago para ti. Que o que escribo ou o que debuxo ou o que fago e pra ti.

E vaste. agora vaste. e coma esa chamada que nos separa, a pesares de ser unha chamada.recordas a chamada coa que comeza esa historia que me ensinaches ti?

Un rapaz cego camiñando pola rua...oe uns alaridos e descubre que proveñen da exaxerada interpretacion dunha rapaciña...




non sei se o recordas... pero eu si, recordo cada unha das cousas que "vivin" contigo. E non quero seguir creando se me vai levar a tolear.


Non quero convertirme nunha pequena van gogh de pouca monta, non quero tolear...
Non sei.

Cando pases... tenta contactar conmigo. e explicocho.


Un beixo